Na mesma, o equipo masculino absoluto, do que formaba parte o padexeiro do Penedo Teimporta Jorge Gándara Fernández, realizou unha destacada actuación finalizando o torneo en 5ª posición.
O resto de equipos, conseguiron voltar todos cun metal; o equipo masculino sub 16 foi segundo, o equipo masculino sub 21 foi terceiro e, realizando un torneo sensacional, o equipo femenino absoluto foi campión de España. As padexeiras do Penedo Teimporta, Laura Fernández, Tamara da Concepción Cruces, Eva Ara Giráldez, Yani Fraga e Mónica Madarnás competiron de xeito maxistral nas filas da Federación Galega de Piragüismo obtendo este gran triunfo para coroar esta tempada 2018.