Imprimir esta páxina
05
Noviembre

Vázquez Padín: “Non estivo nunca no meu ánimo desobedecer a orde de derribo da pirotecnia"

O Alcalde de Tui compareceu hoxe ante os medios tras ter coñecemento de que o Ministerio Público investiga se cometeu un delito de desobediencia grave ao non demoler a Pirotecnia La Gallega. Expuxo que ninguén lle advertiu da posible responsabilidade penal sobre a pirotecnia de Baldráns e lembra que ordenou o precinto e remitiu ao xulgado o cronograma para o desaloxo


O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, sinalou hoxe que non estivo nunca no seu ánimo “desobedecer unha resolución xudicial”, tras coñecer que o Ministerio Público investiga se cometeu un delito de desobediencia grave ao non demoler a pirotecnia La Gallega, propiedade de Francisco Lameiro, que continúa en prisión provisional pola explosión do almacén de ilegal de material pirotécnico que o pasado mes de maio arrasou o barrio da Torre en Paramos.


O rexedor manifestou na súa comparecencia o “máximo respecto e confianza” na administración de xustiza e sinalou que sempre buscou a “máxima transparencia” na súa xestión, ao tempo que lamentou que “non estiven ben asesorado”. Insistiu en que ninguén lle advertiu que había risco de responsabilidade penal referíndose ao departamento de Urbanismo do Concello, engadindo que "á Fiscalía non lle resulta alleo" o "problema que existe nesta oficina que afecta de maneira moi lesiva" á prosperidade do municipio.  Asegura que non tivo coñecemento até a providencia do pasado 3 de setembro na que se impuña unha multa de 1.500 euros, e se aludia a unha providencia anterior do 16 de xuño de 2017, que non figuraba no expediente e que xa advertía da posibilidade de responsabilidad penal cando Carlos Vázquez Padín ainda non era alcalde. Según o actual rexedor, ninguén lle advertiu disto.

 

Vázquez Padín, insistiu que ata a providencia do 3 de setembro de 2018 non tiña coñecemento da posible responsabilidade penal neste asunto. Explicou que durante varios meses a súa actividade coma mandatario municipal estivo centrada, case en exclusiva, en atender aos veciños de Paramos e as consecuencias desta catástrofe.


O rexedor tamén afirmou que está a cumprir coa sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra tras ordenar o precinto das instalacións da pirotecnia en Baldráns no mes de setembro, e presentar hai uns días neste xulgado o cronograma a seguir tanto para o desaloxo como para o derrubo parcial destas instalacións.


Precisamente sobre o desaloxo indicou que agarda “a máxima colaboración da subdelegación do goberno, xa que nas instalacións de Baldráns hai tanto material da propia empresa coma o incautado nos almacéns ilegais tras a explosión do 23 de maio no barrio da Torre”. Por último explicou que se vai readaptar o proxecto de derrubo que existía da pirotecnia, para dar cumprimento á sentenza.

Modificouse o Lunes, 05 Noviembre 2018 18:12
Valora agora
(1 Vote)