Imprimir esta páxina
28
Noviembre

Rouban en dúas vivendas da urbanización Pousa do Bispo

A Garda Civil investiga dous roubos perpetrados en sendas vivendas da urbanización tudense Pousa do Bispo na tarde do pasado luns. Os asaltos cometéronse entre as 18:00 e as 20:00 horas, cando as vivendas se atopaban vacías.


En ambos casos os amigos do alleo substraeron obxectos de valor sentimental, deixando a vivenda visiblemente revolta. Unha das casas obxecto de roubo, foi a do exalcalde e portavoz socialista en Tui, Enrique Cabaleiro.


A policía xudicial desprazouse ao lugar dos feitos tras terse denunciado os mesmos procedendo á toma de huellas e probas.

Valora agora
(3 votos)