Imprimir esta páxina
11
Enero

Aprázase a Gincana Solidaria por Paramos

A organización da Gincana Solidaria que se ía celebrar este fin de semana no monte das Penizas en beneficio dos afectados pola explosión pirotécnica de Paramos ven de anunciar que o evento queda aprazado.

A razón de suspendelo, según informan os organizadores, pasaría por non dispor dun permiso requerido polo Concello de Tui hai uns días do que non tiñan constancia e do que, lamentan, non lles tiñan informado. "Todas as administracións delegaron responsabilidades no Concello e a nós, a día de hoxe, o Concello fíxonos saber que é competencia da Consellería de Medio Rural"; apuntan, "A falta de coñecementos de administración pública foi a que nos levou a ter que cancelar o evento". 

Salientan que presentaron a petición por rexistro o 31 de decembro e entregaron toda a documentación solicitada o día 7, "é lamentable que nunha causa como esta a administración sexa quen pon as trabas. Os organizadores perderemos o diñeiro xa adiantado de seguros e provedores pero non desistiremos". Dende a organización queren agradecer "a gran aceptación que tivo o evento tanto entre colaboradores como entre os pilotos" e avanzan que pronto manterán unha reunión para fixar unha nova data.

Valora agora
(0 votos)