Imprimir esta páxina
11
Febrero

Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores

A Fiscalía pide 54 anos e 3 meses de prisión. As vistas celebraranse a porta pechada para preservar a identidade dos menores

A sección quinta da Audiencia de Pontevedra acolle dende hoxe luns o xuizo a porta pechada contra o hostaleiro vigués acusado de abusos sexuais e de amosar material pornográfico a menores de idade, para quen a Fiscalía solicita 54 anos e 3 meses de prisión.  A vista que comezou hoxe, prolongarase cinco días.

 

O acusado, C.V.I., que accedeu esta mañá aos xulgados acompañado do seu abogado, evitou facer declaracións aos medios.

 

Durante máis dunha hora intentouse chegar a un acordo entre os letrados no que o acusado se declarase culpable a cambio de rebaixar a pena, sen embargo, este mantívose firme declarandose inocente e negando os feitos.

 

Ante o fracaso do pacto, a Audiencia ordenou celebrar o xuizo e aceptou finalmente a petición da Fiscalía e da acusación particular  de celebrar as vistas a porta pechada, para preservar a intimidade dos menores e impedir que poida trascender a súa identidade.

 

Según puido saber este medio, o acusado negou os feitos durante a vista celebrada hoxe e alegou descoñecer que os denunciantes foran menores de idade. Negou tamén ter creado ningún grupo de whatsapp  para difundir imaxes.

 

Según se recolle no escrito de acusación da Fiscalía, C.V.I. aproveitou o contacto con menores que lle permitía o seu traballo para obter deles "unha confianza que les levara a executar actos de natureza sexual". O Fiscal cifra en 18 o número vítimas do acusado, todas elas menores de idade, e nalgúns casos menores de 16 anos.

Modificouse o Lunes, 11 Febrero 2019 13:37
Valora agora
(1 Vote)