• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
Alejandro Lorenzo: "O impago a provedores é a punta do iceberg dun entramado do que non seremos cómplices"
Evacuado en Mos un home que resultou ferido ao sufrir un golpe mentres traballaba
O lume deixa danos nunha casa e noutra lindeira no Porriño
Mos concilia no Nadal
A AECC do Porriño organiza o seu tradicional Rastrillo Solidario
Os comuneiros de Atios denuncian que a restauración da canteira Ferro "agocha irregularidades"
As asociacións empresariais da Granxa e As Gándaras promocionan plans de igualdade
Arranca en Mos a campaña solidaria de Nadal de recollida de alimentos
Máis de 30 actividades no Nadal de Salceda
O CRC acolle este sábado as II Xornadas Solidarias de Desenvolvemento Persoal
O Concello do Porriño recupera o terreo da Canteira Ferro tras ser rehabilitada
O PP reclama melloras nas estradas provinciais de Mosende a Morgadáns e de Budiño
‘La Vuelta Ciclista a España 2020’ protagonizará a Cabalgata de Reis de Mos
Un camión perde a carga na autovía causando retencións kilométricas
Tui abre expediente sancionador a unha empresa por colocar carteis nas farolas
AIMEN e Navantia mostraron en EXPONAV os avances da UMI NAUTILUS
O “Mar non ten cancelas” presenta a súa candidatura ás primarias de En Marea
07
Marzo

O “Mar non ten cancelas” presenta a súa candidatura ás primarias de En Marea

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Preséntase unha lista con representación das diferentes sensibilidades políticas que conforman En Marea, e "cunha especial defensa do traballo dos movementos sociais en defensa do público"

Na mañá de onte Mary Camiña, candidata para o senado, e Iris Malvido, Manuel Moreira e Tere Pérez, candidatas ó congreso, presentaron en Vigo, a candidatura ás primarias de En Marea das que sairán elexidas as representantes para o Congreso e o Senado pola provincia de Pontevedra.

 



A pre-candidata para o Senado, Mary Camiña, apuntou a necesidade de que o Senado “deixe de ser un mero refuxio de persoas apartadas da primeira liña da política, e cumpra como cámara de representación territorial, tal e como lle corresponde”. Dada a súa vinculación cos movementos sociais, considera esencial a existencia de En Marea, “un espazo político transversal onde collemos todas, un espazo político que chegue con forza ás institucións do Estado e mire polo ben común de todos os galegos e galegas”.

 



Iris Malvido sinalou que é "inédito" que a segunda forza política do país faga primarias abertas á cidadanía, ónde calquera puido incribirse e presentarse. Como muller e moza mostrouse optimista acerca do futuro, entendendo que “a sociedade galega ten as ferramentas para mudar a situación, ter voz en Madrid e continuar un proceso de construción colectiva dunha realidade máis xusta para mozas e maiores, unha realidade que permita xerar riqueza, unha realidade máis igualitaria e que defenda unhas pensións dignas, unha sanidade e unha educación públicas e de calidade”.



 

Manuel Moreira, sinalou o seu compromiso con esta candidatura, construída "desde Galiza e para Galiza", para apoiar un proxecto "ético e radicalmente democrático" nacido no "Mar de Vigo" para defender "os intereses de Galixa e da súa maioría social". “Necesitamos levar ás institucións o traballo que se está a facer nos movementos sociais en defensa do público: sanidade, ensino, pensións, servizos sociais, etc”.

 

Tere Pérez, Movemento Salceda, que participa no goberno municipal, no cal levan gobernando 12 anos, "reparando todas as desfeitas cometidas polos anteriores 32 anos de goberno do PP" apuntou a En Marea como "a casa común na que todos e todas temos cabida e a necesidade de facer país traballando dende cada vila e cada pobo".

 

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(1 Vote)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • Tui abre expediente sancionador a unha empresa por colocar carteis nas farolas
    Tui abre expediente sancionador a unha empresa por colocar carteis nas farolas
  • Tui instala 20 colectores de recollida selectiva no mercado semanal
    Tui instala 20 colectores de recollida selectiva no mercado semanal
  • COGAMI presenta a campaña DisOrganic para visibilizar a discapacidade orgánica en Vigo
    COGAMI presenta a campaña DisOrganic para visibilizar a discapacidade orgánica en Vigo
  • O presidente da Xunta inaugurou o novo edificio xudicial de Tui
    O presidente da Xunta inaugurou o novo edificio xudicial de Tui
  • A Garda Civil intercepta un condutor circulando pola A-55 cun cepo inmobilizador
    A Garda Civil intercepta un condutor circulando pola A-55 cun cepo inmobilizador
  • O Banco de Alimentos de Vigo supera os 300.000 kg de comida na súa sétima Gran Recollida
    O Banco de Alimentos de Vigo supera os 300.000 kg de comida na súa sétima Gran Recollida
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia