Imprimir esta páxina
01
Abril

Tui presenta dous modelos de marquesiñas para o centro urbano e as parroquias

Esta mañá presentáronse os dous novos modelos de marquesiñas para instalar nas parroquias e no centro urbano de Tui coas que dar solución ás carencias detectadas deste tipo de mobiliario urbano.

Os obxectivos son dotar de uniformidade a este elemento ao tempo personalizalas co nome de cada parroquia. O estudo Nam Arquitectos foi o responsable do deseño destas dúas novas marquesiñas, que segundo o exposto polo alcalde será xa a próxima corporación quen teña que contratar a súa realización e colocación.


Leandro Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos explicaron as características destas marquesiñas modulares. A pensada para o centro urbano terá unhas dimensións de 4x1,75 metros, ampliables até 8 metros, e cun custo entorno aos 8 mil euros.  Na mesma buscaron a transparencia para minimizar o impacto no entorno. A estrutura será de aceiro inoxidable a maior parte da superficie será en vidro de seguridade coa cuberta en panel estratificado. Nun dos laterais podería ter un panel de publicidade e iluminación led a través dunha placa fotovoltaica.


A marquesiñas para o ámbito rural terán unhas dimensións de 3x1,65m e un orzamento de 3.500€ unidade. Están baseadas nun deseño e construción simple con estrutura de aceiro galvanizado revestido por panel estratificado de alta presión hidrófugo, ignífugo e antigrafiti, que precisará un mínimo mantemento. O vidro que levará será de seguridade.  


Tanto as marquesiñas do centro urbano coma as das parroquias serán completamente accesibles, contemplando un oco para cadeiras de rodas, bancos e apoio isquiático.

Valora agora
(0 votos)