Imprimir esta páxina
21
Junio

En Marea intégrase no goberno de Tui co Psoe

O grupo de En Marea Tui vén de aceptar o acordo proposto polos socialistas para integrarse no goberno municipal liderado por Enrique Cabaleiro. Nunha reunión celebrada onte pola tarde ambas forzas políticas chegaron a un acordo de cooperación para formar un goberno con maioría no Concello de Tui.


O único concelleiro de En Marea, Lano Alonso, xestionará as áreas de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago e Novas Tecnoloxías e Radio Municipal.  


Un día antes, o BNG declinou formar parte do goberno de Cabaleiro tras decidilo así a asemblea local dos nacionalistas.

Valora agora
(0 votos)