• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
O BNG pide acceso preferente á vacina para o persoal do SAF
A Xunta abonou xa 600.850 euros á hostalería do Porriño, Mos e Salceda
Incendio de madrugada nunca empresa do polígono de A Granxa
2.628 positivos nos centros educativos galegos
Motos, quads e todoterreos causan estragos nos montes comunais da Louriña e Condado
O BNG presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta reclamando investimentos para O Porriño
2.461 positivos nos centros educativos galegos
O Porriño roza xa os 100 positivos en covid-19
Dispáranse os contaxios na área de Vigo que roza xa os 3000 casos activos
O Porriño alcanzou hoxe unha taxa de incidencia de 405
O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19
Os positivos en centros escolares galegos marcan un novo máximo
A Fundación La Caixa e a Escola de Futbol Denis Suárez, xuntas polo deporte e a infancia
Tui pecha as instalacións deportivas municipais
Detido un condutor sen carné, coa ITV caducada e saltándose o peche perimetral
Unha muller ingresada tras ser agredida polo seu marido no Porriño
Intoxicacións etílicas, as incidencias máis comúns na noite de San Xoán
24
Junio

Intoxicacións etílicas, as incidencias máis comúns na noite de San Xoán

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na Noite de San Xoán 51 intoxicacións, 6 accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e 7 queimaduras provocadas polas fogueiras.

O período contabilizado é desde as 18,00 horas do domingo 23 de xuño ata as 9,00 horas do luns 24 de xuño. O 061 rexistrou a maiores a 28 asistencias por caídas, queimaduras e outro tipo de lesións ou patoloxías producidas no entorno das cacharelas.

 

Os profesionais sanitarios do 061 de Galicia atenderon 51 intoxicacións etílicas, 6 accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e 7 incidentes por queimaduras.

 

A Coruña con 30 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida de Pontevedra con 17, Lugo con 3 e Ourense con só 1. Para asistir ás 51 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou 3 ambulancias medicalizadas do 061, 2 médicos de atención primaria e 34 ambulancias asistenciais do 061. Das 51 persoas atendidas, 22 non requiriron traslado, 13 foron trasladadas ao centro de saúde e 16 ao hospital.

 

As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron 7. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu na Coruña cinco casos e dous en Pontevedra. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 19 e 45 anos, sendo todos eles varóns. Do total dos pacientes, tres asistíronse no lugar sen requirir traslado e catro trasladáronse a un centro sanitario.

 

No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse 11 persoas en 6 accidentes de tráfico. Os accidentes repartíronse da seguinte maneira: un na provincia da Coruña, tres na provincia de Lugo e dous en Pontevedra. Para asistir ás 11 persoas implicadas, o 061 mobilizou dúas ambulancias medicalizadas, cinco ambulancias asistenciais, e un médico de atención primaria. Todas as persoas atendidas, as 11, foron trasladas a un hospital.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • Galicia decreta o peche total da hostalería e limita as reunións a convivintes
    Galicia decreta o peche total da hostalería e limita as reunións a convivintes
  • Galicia rexistra o maior pico de ingresos por covid dende o inicio da pandemia
    Galicia rexistra o maior pico de ingresos por covid dende o inicio da pandemia
  • Galicia roza os 19.000 casos activos
    Galicia roza os 19.000 casos activos
  • O Porriño supera a barreira dos 100 contaxios
    O Porriño supera a barreira dos 100 contaxios
  • 2.628 positivos nos centros educativos galegos
    2.628 positivos nos centros educativos galegos
  • Galicia suma 1.800 contaxios e achégase ao milleiro de hospitalizados
    Galicia suma 1.800 contaxios e achégase ao milleiro de hospitalizados
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia