Imprimir esta páxina
29
Junio

Concerto de Susana Seivane en Tui

Será ás 22.30 h na rúa Compostela dentro do programa Musigal Son Tradición

Susana Seivane ofrecerá un concerto en Tui no marco do programa Musigal Son Tradición. Será o próximo sábado, 6 de xullo, ás 22:30 h na rúa Compostela.


Xunto a ela actuarán Miguel González, saxo; Rubén Deschamps, guitarra e mandolina; Carlos Freire, batería e percusión tradicional e Iago Rodríguez, baixo eléctrico.


Soarán temas do seu último traballo “FA”, publicado o pasado mes de setembro, un disco intimista, romántico, inspirador e tenro. Pero tamén repasará outros temas da súa longa carreira musical, todo nun espectáculo fresco e orixinal.


Susana Seivane naceu no seo dunha das familias con máis prestixio e sona no mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia. Con 3 anos da man do seu pai iniciou a súa andaina musical, na que influíron mestres coma o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas. Ao longo dos anos desenvolveu un estilo xenuíno e propio, aberto ao legado e influencias doutras músicas.

Valora agora
(0 votos)