O xerente do parque asegura que a resposta foi inmediata, e que superaron as previsións, colgando o cartel de completo en horas punta, durante os primeiros días de actividade. O prezo é de 15 € a hora, pero dispoñen de bonos de 5 horas por 50 €, baixando o prezo a 10 €/hora. Este bono pódese gozar entre varias persoas e ao longo de todo o verán. ‘Aínda que o investimento económico deste proxecto é tremendamente elevado, queremos que este parque sexa accesible a todo o mundo, por iso creamos os bonos transferibles, pensando en familias numerosas, grupos de amigos, etc’ comenta un dos xerentes. Ademais, con estes bonos pódense realizar tamén as actividades anteriormente citadas que ofrece Playaland.
A altura mínima para poder entrar no Aquapark é de 1,10 m, de 1,10 m a 1,40 m deberán ir acompañados por un adulto e a partir de 1,40 m poderán facer a actividade sós. O parque está vixiado por un socorrista de forma permanente, o chaleco salvavidas é obrigatorio (proporciónao a empresa) e os asistentes chegan ao parque axudándose dunha corda desde a beira ata o inchable, cunha lancha pneumática de apoio.
Podedes atopar máis información no seu teléfono 652 46 77 46 ou a través das súas redes sociais ‘Playaland Aquapark’. Este verán, o plan máis divertido está en Praia América!