Imprimir esta páxina
17
Julio

Abre en Nigrán o parque acuático inchable máis grande de Galicia

O pasado martes 9 de xullo, arrincaba a actividade  de ‘Playaland  Aquapark’ en Praia América, un complexo de lecer que ofrece actividades acuáticas dirixidas tanto a nenos como a adultos. Entre as diversas actividades que ofrecen atópanse: clases de esquí ou wakeboard, aluguer de kaiaks ou pádel, voltas en banana… Pero a gran novidade é un parque inchable situado encima da auga. Non pasou desapercibido para os bañistas, xa que se pode contemplar desde calquera punto da praia, mesmo desde a localidade veciña de Baiona.

O xerente do parque asegura que a resposta foi inmediata, e que superaron as previsións, colgando o cartel de completo en horas punta, durante os primeiros días de actividade. O prezo é de 15 € a hora, pero dispoñen de bonos de 5 horas por 50 €, baixando o prezo a 10 €/hora. Este bono pódese gozar entre varias persoas e ao longo de todo o verán. ‘Aínda que o investimento económico deste proxecto é tremendamente elevado, queremos que este parque sexa accesible a todo o mundo, por iso creamos os bonos transferibles, pensando en familias numerosas, grupos de amigos, etc’ comenta un dos xerentes. Ademais, con estes bonos pódense realizar tamén as actividades anteriormente citadas que ofrece Playaland.


A altura mínima para poder entrar no  Aquapark é de 1,10 m, de 1,10 m a 1,40 m deberán ir acompañados por un adulto e a partir de 1,40 m poderán facer a actividade sós. O parque está vixiado por un socorrista de forma permanente, o chaleco salvavidas é obrigatorio (proporciónao a empresa) e os asistentes chegan ao parque axudándose dunha corda desde a beira ata o inchable, cunha lancha pneumática de apoio.

Podedes atopar máis información no seu teléfono 652 46 77 46 ou a través das súas redes sociais ‘Playaland Aquapark’. Este verán, o plan máis divertido está en Praia América!

 

 

Modificouse o Miércoles, 17 Julio 2019 18:26
Valora agora
(0 votos)