Imprimir esta páxina
23
Julio

A praza de San Fernando acolle a proxección de “El regreso de Mary Poppins”

Será este mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h dentro do ciclo Cinema de Verán

A praza de San Fernando acolle mañá a proxección da segunda película do ciclo “Cinema de Verán” que forma parte da programación “Verán na rúa” que organiza o Concello de Tui.  A cita será ás 22.15 h coa proxección de “El regreso de Mary Poppins”.


A película dirixida por  Rob Marshall está protagonizada por  Emily Blunt e completan o reparto  Lin-Manuel Miranda,  Ben Whishaw,  Emily Mortimer, Colin Firth, Meryl Streep, Angela Lansbury e  Julie Walters.    A película conta con nove cancións orixinais e un máxico percorrido polos lugares máis emblemáticos de Londres. O regreso de Mary Poppins é unha divertida e inspiradora película protagonizada por unha gran icona, Mary Poppins.


Despois de 24 anos  da primeira visita de Mary Poppins, Michael Banks, o fillo dos Banks, ten agora a súa propia familia e traballa no mesmo banco que o seu pai e avó. Debido aos seus problemas económicos Michael loita por coidar do seu tres fillos, pero xusto cando a familia teme  que as cousas empeoren, Mary Poppins volve ás súas vidas.


O ciclo de Cinema de Verán continuará no mes de agosto con dúas novas proxeccións “SmallFoot” (2 de agosto) e “Teen Titans Go” (14 de agosto)


Cinema de Verán “El regreso de Mary Poppins”

  •  Data: Mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h
  •  Lugar: Na Praza de San Fernando

 

 

Valora agora
(0 votos)