Imprimir esta páxina
08
Agosto

As vítimas do accidente de O Marisquiño síntense "esquecidas"

A Plataforma de Afectados polo accidente síntese "ignorada" polos representantes políticos e pola Xustiza pola "lentitude" do proceso

A Plataforma de Afectados polo Accidente do Marisquiño, no que 467 persoas resultaron feridas de diversa consideración, amosou a través dun comunicado de prensa a súa indignación un ano despois do ocurrido ante a "falta de respostas" tanto das administracións, como dos representantes políticos e da xustiza. Síntense "olvidadas" e "ignoradas" mentres, din, "pelexan por ver quen lle da máis diñeiro á organización do festival ou quen pon máis lonas publicitarias mentres os feridos levan 365 días pagándose dos seus bolsillos os seus tratamentos, asistindo a psicólogos ou a fisioterapia sin que ninguén se preocupe por isto". "Resulta lamentable que unhas persoas que simplemente estaban divertíndose nun concerto, supostamente cumpría con toda a normativa, difumináranse da realidade e formen parte dun pasado que queren enterrar para dicir que non existiu", critica o portavoz da Plataforma, Julio López.

 

Para este pai, cuxa filla resultou tamén ferida o pasado 12 de agosto, é taxante e afirma que durante este ano "non se produciu nin un so xesto en beneficio das vítimas" senon que asegura que "todo o contrario". "Intentouse utilizar políticamente", apostilla. Para a Plataforma, que agrupa a 156 vítimas, resulta "humillante" estar a ler titulares nos medios de comunicación sobre "quen da máis para o Marisquiño. Entendemos que precisa apoio das institucións para poder celebrarse " cando hai familias que "non poden asumir o coste dun fisioterapeuta ou de sesións de psicoloxía sin que a ninguén lle importe".

 

Dende a Plataforma aseguran con rotundidade "non estar en contra do Festival O Marisquiño porque somos conscientes de que é algo bo para a cidade e para o tecido comercial" pero si amosan o seu rexeitamento á "xestión que se fixo do accidente e á implicación de institucións como o Concello de Vigo, que pola súa cercanía cos cidadáns, debería terse posto a disposición das vítimas dende o primeiro día e non de frente a elas".

 

Conclusións da Comisión de Investigación

 

No tocante á Comisión de Investigación, que na actualidade se atopa paralizada, dende a Plataforma esixen que se peche "canto antes" e se fagan públicas as conclusións para poder reclamar "responsabilidades políticas". "Á espera da sentenza xudicial, polo menos queremos coñecer que se dirimiu de todas as intervencións e de todo o traballo que se fixo na sala, agardamos non ter que esperar outro ano", din.

 

Proceso xudicial, paralizado?

 

Se a vía administrativa é "nula", a xudicial é "inexistente". Dende a Plataforma de Afectados ven "incomprensible" que despois dun ano "non teñamos información algunha sobre como está o proceso": "Tan so foron chamando aos afectados durante estes últimos meses pero o que non é lóxico é que un ano despois tovavía haxa feridos sen valorar e teñamos que esperar ata agosto de 2020 para esgotar o prazo de instrución, da a sensación de que se intenta dilatar todo o posible para que acabe pasando desapercibido e lles sexa máis fácil que quede en nada, iso é moi duro canto o teu fillo ou a túa filla puido morrer", engade López.



Dende a Plataforma aseguran que continuarán esixindo "que se coñeza a verdade do que ocurriu o 12 de agosto de 2018 en As Avenidas" e que se determinen "quenes foron os causantes de que 467 persoas caíran ao mar ao virse abaixo a plataforma" co único obxectivo de que "non volva a repetirse algo similar e teñamos que estar lamentando vidas".

Valora agora
(0 votos)