Imprimir esta páxina
19
Agosto

Guía de solucións contra o radón

A Xunta de Galicia publicou unha “Guía de recomendacións de mitigación en vivendas existentes”, elaborada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e accesible a través da súa páxina web, con solucións para impedir a entrada do gas radon nas vivendas ou eliminalo.

Esta guía, a primeira que se publica en España, ofrece unha detallada información sobre o gas, a súa presenza nas vivendas, métodos de medición e formas de reducir ou evitar a súa entrada nas vivendas, todo elo de forma sinxela e accesible tanto para os propios usuarios da vivenda como para técnicos do sector da construción e a rehabilitación.

 

O anexo técnico que acompaña á guía explica, de forma moi sinxela e acompañada de gráficos, os diferentes métodos que se poden empregar para evitar ou mitigar o radon nas vivendas, incluíndo indicacións para a execución, información sobre as vantaxes e inconvenientes de cada método e o seu custe aproximado.

 

A guía ofrece información sobre medidas de ventilación natural ou forzada no interior das vivendas, ventilación da cámara de ar sanitaria, selado de gretas e fisuras, instalación de barreiras de protección antirradon, despresurización natural ou forzada do terreo, presurización positiva do interior da vivenda e presurización positiva do terreo.

 

Os custes estimados das actuacións incluídas van dende pouco máis de 200 euros, dependendo da importancia das actuacións a realizar.

 

Podedes consultar e descargar o documento no seguinte enlace: “Guía de recomendacións de mitigación en vivendas existentes”

 

Mapa do potencial de radon (www.csn.es/radon)

 

Captura de pantalla 2019 08 19 a las 20.01.45

 

Modificouse o Lunes, 19 Agosto 2019 18:06
Valora agora
(0 votos)