Imprimir esta páxina
Imaxe: Sondolouro Imaxe: Sondolouro Javier Bas, Nelson Santos, Nidia Arévalo, Chema Figueroa e Fernándo Guitián na roda de prensa ofrecida onte no Porriño
19
Diciembre

O PP esixe á Deputación que rectifique e apoie o Concurso Provincial de Rondallas

Nidia Arévalo fai un chamamento aos alcaldes dos concellos afectados para que non deixen de lado ás rondallas, porque di “á presidenta impórtalle pouco"

O Partido Popular vai esixir á Deputación de Pontevedra que reconsidere e rectifique a súa posición sobre o Concurso Provincial de Rondallas. Entenden os populares que o bipartito "quere facer desaparecer un elemento cultural propio da provincia", e por iso xa presentaron mocións para debater no pleno da propia institución provincial, pero tamén de cada un dos seis concellos afectados por esta decisión.

 

Así o anunciou onte a voceira do grupo popular e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, nunha rolda de prensa no Porriño na que estivo acompañada polo voceiro dos populares do Porriño, Nelson Santos, o alcalde de Redondela e deputado provincial, Javier Bas; polo presidente do PP de Vigo e tamén deputado, Chema Figueroa; así como polos voceiro de Gondomar, Fernando Guitián.

 

Os populares defenden que as rondallas son unha sinal de identidade da provincia, xa que non existen coas mesmas características noutros lugares e que son unha parte enraizada da cultura na que participan multitude de persoas de todos os ámbitos, desde mestres e músicos profesionais, ata afeccionados de todas as idades.

 

"O fomento e coidado das tradicións e a cultura é un deber para calquera administración", explicou Nelson Santos que recordou antes de dar paso aos seus compañeiros que " ao tomar esta decisión están roubandolle a centos de persoas a oportunidade de poñer en escea o traballo que con moito esforzo e ilusión realizan durante meses, ademáis de por en risco unha das nosas señas culturais de identidade".

 

E é que se trata "dunha tradición da máxima importancia no sur de Pontevedra, que desde hai máis de 30 anos amenizan os nosos concellos, as nosas rúas...", explicou Nidia Arévalo"agora o bipartito desta nova Deputación quere eliminalo, os mesmos que xa desmantelaron a Escola de Gaitas. É imperdoable, unha falta de respecto. E supón dar a espalda a máis de 1.300 persoas que participan nas rondallas, e que levan ensaiando desde finais de verán, pero tamén ao colectivos culturais e veciñais, aos concellos e a todas as persoas que cada certame se achegan ata o IFEVI para disfrutar delas”.

 

Nesta liña, Chema Figueroa sinalou que “os deputados provinciais do PSOE e do BNG, e sobre todo a súa presidenta, non se enteran de que este é o certame cultural máis importante de Galicia”, en número de participantes e en número de persoas que están apoiando a eses rondalleiros de cada un dos concellos. Recordou que aproximadamente 15.000 persoas visitan o IFEVI ese día, e que os máis de 1.500 rondalleiros e rondalleiras, desde os 4 aos 70 anos, xa están preparando o seu traballo desde setembro. “Este certame ten que celebrarse e ten que celebrarse xa este ano. Están a tempo se teñen vontade e se teñen disposición”, engadiu.

 


Pola súa parte, o alcalde de Redondela Javier Bas amosouse convencido de que hai que apostar de forma definitiva por esta cultura tradicional que nace nas parroquias, e opina que hai que apoiala non só economicamente, senón tamén na súa promoción. “A miña dúbida xa é se a presidenta entende as rondallas como cultura, porque está indo en contra da cultura tradicional de toda a provincia. As súas improvisacións, unha vez máis, levan a este tipo de situacións. Pero aínda están a tempo de rectificar”, engadiu.

 

O gasto, un investimento

 

Sobre o gasto que supón este evento, e que foi a razón á que fixo referencia a presidenta da Deputación para deixar de apoiar o concurso, recordan os populares que "deses 80.000 euros dos que falan só unha cuarta parte é para as rondallas, e o resto é o gasto de organización: aluguer do IFEVI, gradas, limpeza... gastos que ao final repercuten na propia cidade de Vigo". Por iso entenden que máis que como un gasto, "hai que velo como un investimento que xera riqueza e postos de traballo, tanto nos montaxes do certame, nos autobuses para as rondallas, o vestiario e instrumentos, os honorarios dos mestres, músicos... "

 

Neste sentido, a voceira dos populares e alcaldesa do Concello de Mos manifestou que está disposta a poñer a parte que lle corresponde e financiar as tres rondallas do municipio. Nesta liña, fai un chamamento aos alcaldes para que fagan o mesmo e non deixen de lado ás súas rondallas.

 

“Á presidenta impórtalle pouco, o temos moi claro. Impórtalle pouco a provincia, a cultura, e un largo etcétera... pero aos alcaldes debería importarlles. Por iso fago este chamamento”, Nidia Arévalo

 

 

As rondallas non perden a esperanza e continúan ensaiando para o Certame

 

"Desde que se nos comunicou a decisión da Deputación o ánimo nos ensaios é outro", explica Iria Lorenzo, edil do Concello do Porriño e membro dunha das Rondallas, "non nos pareceu xusto nin lóxico, son moitas as horas de ensaio e o traballo e ilusión que requiere o certame". Lorenzo está convencida de que estamos ante unha "decisión meramente política" e que pese ao argumentado simplemente "non lles importa, non o queren facer".

 

Pese a esto, os rondalleiros e rondalleiras continúan ensaiando ao mesmo ritmo, porque "ainda temos a esperanza de que recapaciten e fagan o Certame para o que levamos meses traballando". 

 

Modificouse o Sábado, 19 Diciembre 2015 02:31
Valora agora
(1 Vote)