Imprimir esta páxina
10
Febrero

Descartado un posible caso de coronavirus en Vigo

Descartado un posible caso de infección por coronavirus no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.  Tratábase dunha veciña de Chapela (Redondela) que tras estar recentemente en China acudiu a un PAC vigués con síntomas respiratorios.

A muller foi derivada ao Hospital Álvaro Cunqueiro onde permaneceu illada nun box de Urxencias á espera do resultado das probas ás que foi sometida para comprobar se se trataba do virus orixinado no país asiático.

 

As probas determinaron que "non cumplía os criterios de definición de caso en investigación" polo que descartaron que se trataba dun caso de infección por coronavirus polo que foi dada de alta para regresar ao seu domicilio "con medidas preventivas".

Valora agora
(0 votos)