• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
O BNG pide acceso preferente á vacina para o persoal do SAF
A Xunta abonou xa 600.850 euros á hostalería do Porriño, Mos e Salceda
Incendio de madrugada nunca empresa do polígono de A Granxa
2.628 positivos nos centros educativos galegos
Motos, quads e todoterreos causan estragos nos montes comunais da Louriña e Condado
O BNG presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta reclamando investimentos para O Porriño
2.461 positivos nos centros educativos galegos
O Porriño roza xa os 100 positivos en covid-19
Dispáranse os contaxios na área de Vigo que roza xa os 3000 casos activos
O Porriño alcanzou hoxe unha taxa de incidencia de 405
O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19
Os positivos en centros escolares galegos marcan un novo máximo
A Fundación La Caixa e a Escola de Futbol Denis Suárez, xuntas polo deporte e a infancia
Tui pecha as instalacións deportivas municipais
Detido un condutor sen carné, coa ITV caducada e saltándose o peche perimetral
Unha muller ingresada tras ser agredida polo seu marido no Porriño
A nova normalidade trae novos atrancos para as persoas con mobilidade reducida
02
Julio

A nova normalidade trae novos atrancos para as persoas con mobilidade reducida

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

As medidas de seguridade tomadas na desescalada están a provocar problemas de mobilidade en espazos públicos, ocasionados por longas ringleiras de acceso a establecementos, a separación entre mesas das terrazas e a distancia de seguridade entre persoas, entre outras. COGAMI aboga por unha nova normalidade máis accesible, sen invasión de espazos públicos

Segundo nos imos adaptando á nova realidade ocasionada polo COVID-19 evidencianse os atrancos que atopan na rúa  moitas persoas con mobilidade reducida. Por iso, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) fixeron unha chamada de atención á cidadanía para que se respecten os espazos públicos, de maneira que as persoas con mobilidade reducida e as maiores poidan desprazarse sen impedimentos.


Con esta nova normalidade, os espazos públicos están a ser ocupados frecuentemente por ringleiras de persoas que agardan o acceso a establecementos e polas terrazas que agora se estenden máis nas beirarrúas para manter as distancias de seguridade. Se a isto se lle engade a necesidade de cumprir coas distancias entre as persoas, en palabras do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, “existe o perigo de que non se respecten os espazos nin as distancias nas beirarrúas para unha mobilidade autónoma, cómoda e segura entre as persoas con mobilidade reducida e/ou as persoas maiores”.


Dende COGAMI, en colaboración con outras entidades españolas representantes da discapacidade, analizáronse as principais barreiras que poden atopar as persoas durante o plan de transición. A normativa de accesibilidade vixente recolle que debe de haber 1,80 metros de separación entre as terrazas e os espazos peonís, unha distancia non sempre respectada ao ampliar a distancia entre as mesas.


Outra chamada de atención de COGAMI está relacionada coas medidas de prevención adoptadas que, ao ser obrigatorias, deben cumprir coas normas de accesibilidade en igualdade para todas as persoas, como a colocación de dispensadores de hixienización e a súa localización, a dispoñibilidade de colectores sen pedal para a eliminación de residuos e o uso de máscaras.


A situación de confinamento de moitas persoas con mobilidade reducida xa se daba dende antes da pandemia, ao igual que a existencia de barreiras no tránsito polas rúas. Dende o movemento asociativo reivindícase a necesidade de reformar a Lei de Propiedade Horizontal e que as administracións fagan seguimento do cumprimento da norma de todas as actuacións urbanísticas que se realicen. En Galicia foi aprobada por unanimidade dos grupos parlamentarios a Lei de Accesibilidade en 2014, cun prazo de 24 meses para a redacción e aprobación dun decreto que, a día de hoxe, non foi aprobado aínda sendo vital para o desenvolvemento da lei. En palabras de Anxo Queiruga “os espazos públicos deben ser lugares de convivencia para todas as persoas en igualdade de condicións”.


Outras das medidas que propón COGAMI son a realización de estudos previos de accesibilidade en obras ou proxectos de infraestruturas; a elaboración e aprobación dun plan integral de accesibilidade autonómico cunha Comisión Técnica de Accesibilidade como organismo de seguimento da aplicación da lei e que conte coa participación de entidades do movemento asociativo da discapacidade; a necesidade de que as vivendas de protección oficial públicas sexan accesibles e cunha porcentaxe de reserva a persoas con problemas de mobilidade e tamén a mellora da sinalización de edificios públicos para facilitar a orientación e comprensión a todas as persoas, entre outras.

 

Campaña 12 Chaves da Inclusión: accesibilidade universal


COGAMI continúa coa campaña 12 Chaves da Inclusión na que fala de dereitos e que neste mes de xullo dedica á Accesibilidade Universal, a necesidade de crear espazos e contornas utilizables por todas as persoas.


Co fin de conmemorar os trinta anos de traxectoria, a través das 12 Chaves da Inclusión COGAMI quere sensibilizar sobre os dereitos básicos e fundamentais de todas as persoas coa difusión de 12 pezas audiovisuais que se difunden en redes sociais co hashtag #30AniversarioCOGAMI. Cada peza refírese a un dereito: a primeira delas foi a educación inclusiva; febreiro centrouse na autonomía persoal; marzo nos dereitos das mulleres e nenas con discapacidade; abril saúde, maio dedícase ao emprego, xuño fala de economía social e xullo céntrase na accesibilidade. Agosto tratará sobre o voluntariado; setembro a turismo, lecer e deporte; outubro movemento asociativo; novembro a infancia e xuventude e decembro a dereitos.

Modificouse o Jueves, 02 Julio 2020 13:07
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • Galicia decreta o peche total da hostalería e limita as reunións a convivintes
    Galicia decreta o peche total da hostalería e limita as reunións a convivintes
  • Galicia rexistra o maior pico de ingresos por covid dende o inicio da pandemia
    Galicia rexistra o maior pico de ingresos por covid dende o inicio da pandemia
  • Galicia roza os 19.000 casos activos
    Galicia roza os 19.000 casos activos
  • O Porriño supera a barreira dos 100 contaxios
    O Porriño supera a barreira dos 100 contaxios
  • 2.628 positivos nos centros educativos galegos
    2.628 positivos nos centros educativos galegos
  • Galicia suma 1.800 contaxios e achégase ao milleiro de hospitalizados
    Galicia suma 1.800 contaxios e achégase ao milleiro de hospitalizados
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia