Ao realizarlle a proba de alcoholemia cun alcoholímetro indiciario deu unha taxa que cuadriplicaba a taxa legalmente permitida. Por este motivo o acompañaron ás dependencias policiais para sometelo á proba no etilómetro regulamentario. Nese momento o detido negouse a someterse á proba e comezou a agredir a un dos axente, polo que se procedeu á súa detención por un presunto delito de atentado contra un axente da autoridade, e investigado por un delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, negándose a someterse ás probas de detección de alcohol.
Por outra banda, o domingo a última hora da tarde Policía Local incautouse de varias de doses de sustancias estupefacientes nun vehículo. O condutor foi denunciado administrativamente ao dar positivo na proba de drogas.