Imprimir esta páxina
21
Octubre

Alerta vermella en Tui e laranxa no Porriño e Mos

Salceda de Caselas desactiva a alerta e volve ao nivel 0

O número de contaxios experimenta un importante aumento na área de Vigo e ascende a 900, sumando hoxe 83 novos positivos.

 

Aumenta tamén o nivel de alerta en varios concellos da área.  A alerta elévase a vermella en Tui e Salvaterra (máximo nivel con máis de 21 casos confirmados os últimos sete días) e a laranxa en Mos (entre 14 e 20 na última semana). O Porriño continúa en alerta laranxa. Tanto Ponteareas como As neves pasan a nivel de alerta 1, amarela. As boas novas chegan da man de Salceda de Caselas que volve ao nivel 0 (menos de sete casos na última semana).

 

O  número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.457, deles 905 son da área da Coruña, 518 da de Lugo, 1.494 da de Ourense, 538 da de Pontevedra, 900 da área de Vigo, 851 da de Santiago, e 251 da de Ferrol.

 

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 294 en unidades de hospitalización e 5.115 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.012 persoas curadas, rexistrándose 836 falecementos.

 

O número de PCR realizadas é de 602.975.

 

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

 

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

 

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

 

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Valora agora
(0 votos)