No Porriño son cinco os centros que presentan polo menos un positivo. O CEIP da Cruz-Budiño, CEIP Plurilingüe da Ribeira e o IES Pino Manso rexistran un positivo cada un, dous o IES Ribeira do Louro e tres o CEIP Xosé Fernández López. Todas as aulas permanecen abertas.
En Mos son catro os centros afectados. O CPR Plurilingüe Lar incrementa o número de casos dende a última actualización comunicada e ascende a oito positivos mantendo pechadas dúas aulas. O CEIP Plurilingüe Pena de Francia e o CEIP Mestre Martínez Alonso, un caso cada un. O CEIP de Atín-Cela rexistra dous positivos.
En Salceda de Caselas o IES Pedras Rubias continúa con un positivo.
Catro son os centros de Tui incluidos na actualización de hoxe. O IES Indalecio Pérez Tizón con sete positivos, o IES San Paio con dous caso e o CRA Mestra Clara Torres e CEIP Plurilingüe de Guillarei con un positivo cada un.