• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
A Xunta inviste 25.000 euros na conservación do Pazo de Mos
O BNG leva a Arévalo ante a Valedora do Pobo por "falla de transparencia"
O Porriño vende unha parcela municipal por 1 millón de euros a IBEREMBAL
O Concello acomete a reparación da estrada principal do PI das Gándaras
Mos estrea un novo portal de emprego da Axencia de Colocación
Alertan da presencia de falsos revisores do gas en Mos
A corporación de Tui amosa o seu apoio ao traballo realizado na Residencia Paz y Bien
As Meninas, Campioas Galegas Danza Coreográfica
Tui e Ponteareas en nivel máximo de restricións
Soledad Girón, presidenta da xestora do PSdeG-Psoe no Porriño
A Xunta intervén a residencia de Maiores Paz y Bien de Tui
Detido por roubar unha tarxeta e sacar máis de 5.000 euros
Falece Silvino González, o colocador de estrelas do Festival de Cans
O piloto porriñés Yago Martínez agradece o apoio ao Concello
Investigan aos responsables dunha pirotecnia de Barcelona por suposta falsidade documental
20 denuncias no que vai de ano por non levar máscara no Porriño
Os positivos diarios na área de Vigo baixan ata os 42
23
Noviembre

Os positivos diarios na área de Vigo baixan ata os 42

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Nas últimas 24 horas confirmáronse 42 novos casos de infección polo novo coronavirus na área de Vigo. A día de hoxe en Vigo e na súa área hai 2.260 pacientes con infección activa dos cales 74 permanecen hospitalizados, 25 deles en coidados intensivos. Ata o de agora perderon a vida 201 persoas.

A incidencia por concellos mantense en niveis altos, presentando todos eles unha incidencia acumulada >250.  No Porriño diagnosticáronse nas últimas dúas semanas 84 casos, 203 en Mos (onde se atopa unha residencia de anciáns afectada), 38 en Salceda de Caselas, 89 en Ponteareas e 46 en Tui.

 

8.669 casos activos en Galicia

 

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.669 ao sumar no último día 323 novos positivos. Do total de pacientes positivos, 459 están en unidades de hospitalización, 100 deles en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 39.674 persoas curadas, rexistrándose 1.146 falecementos.

 

O número de PCR realizadas é de 840.867.

 

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

 

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

 

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

 

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

 

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

 

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

 

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

 

Recomendacións

 

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

 

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

 

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Modificouse o Lunes, 23 Noviembre 2020 11:40
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • Catro falecidos elevan a 1.553 as vítimas da pandemia en Galicia
    Catro falecidos elevan a 1.553 as vítimas da pandemia en Galicia
  • Galicia alcanza máximos de casos activos, contaxios e taxa de positividade
    Galicia alcanza máximos de casos activos, contaxios e taxa de positividade
  • Repunte de casos nos centros escolares galegos con 1.535 positivos
    Repunte de casos nos centros escolares galegos con 1.535 positivos
  • Galicia acada o seu máximo: 10.864 casos activos
    Galicia acada o seu máximo: 10.864 casos activos
  • 1441 positivos nos centros educativos de Galicia
    1441 positivos nos centros educativos de Galicia
  • Galicia supera a barreira dos 10.000 casos activos
    Galicia supera a barreira dos 10.000 casos activos
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia