"Dende o Concello somos coñecedores do gran traballo realizado nesta residencia tudense, que dende o inicio da pandemia no mes de marzo do ano pasado, ten levado a cabo un labor excepcional con gran profesionalidade e mimo, coidando cada un até o máis mínimo de detalle para evitar a propagación do virus", apuntan nun comunicado, "Teñen destacado polo estrito cumprimento dos protocolos establecidos, sen descoidar a faceta humana na atención das persoas usuarias da mesma".
Os corporativos manifestan que, nestes momentos complicados nos que o virus ten golpeado con dureza á Residencia, "dende o Concello de Tui, non podemos máis que poñernos ao seu dispor para todo aquilo que puideran precisar, coma xa temos feito dende o coñecemento do brote, e facerlles chegar o noso recoñecemento ao seu traballo, confiando na pronta superación desta situación".
Dende o Concello de Tui faise extensible este recoñecemento ao traballo realizado tamén nas outras residencias tudenses durante a pandemia.