• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
Mos mantense no nivel alto de restricións
EU SON Porriño convoca unha concentración polo 8M
Mos pon en valor das tumbas dos primeiros Marqueses de Mos
Os hostaleiros a ACIPOR: "As axudas ao comercio non poden ser a conta de quitarllas á hostalería"
Detido un porriñés tras embestir un vehículo cun coche roubado e darse á fuga
ACIPOR pide un reparto adecuado das axudas municipais entre comercio, servizos e hostalería
Os hostaleiros do Porriño piden que se amplíe o prazo para descargar os códigos QR
O BNG de Mos critica a celebración dun acto "multitudinario" tras o anuncio de novas restricións
CTAG lidera o proxecto europeo ALMA sobre o vehículo eléctrico
Mos impulsa unha baixada de impostos para compensar a revisión do catastro
Detido un porriñés por agredir a un vixiante de seguridade tras roubar
Feijóo destaca en Mos que Galicia ofrece este ano 1,4M de metros cardados de superficie bonificada nos seus parques empresariais
Mos sube ao segundo nivel de restricións
A Biblioteca do Porriño sempre na vangarda
A Policía Local do Porriño informa aos hostaleiros das medidas a adoptar para cumprir as restricións
Mos pon en marcha un plan municipal de seguemento e axuda á hostalería
O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19
20
Enero

O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Os populares presentarán mocións na institución provincial e en todos os concellos da provincia para que se sumen a un fondo de axudas ao sector da hostalería no que, seguindo o modelo valenciano, a Xunta aportaría o 50%, a Deputación o 30% os concellos o 20%

O Partido Popular reclama que a Deputación de Pontevedra se sume á Xunta de Galicia e aos concellos para axudar ao sector da hostalería, seguindo o modelo valenciano e apoie crear un fondo de cooperación covid-19, no que a institución provincial aportaría o 30%, os concellos o 20% e a Xunta de Galicia, o 50%. O voceiro do grupo, Jorge Cubela, defende que “esta proposta dos hostaleiros é razoable e importante para salvar do peche ás empresas e autónomos da nosa provincia, e por iso queremos que a Deputación aclare si acepta ou non o que lle están reclamando e si vai colaborar con axudas directas”. Nesta liña, recorda que o que necesitan é liquidez inmediata, por iso hai que sumar esforzos entre todas as administracións.

 

Os populares, que defenderán esta moción no pleno provincial deste mes, tamén presentarán a proposta nos concellos da provincia. “Non podemos perder máis tempo, e gustaríanos que esta proposta saíse adiante. É momento de remar todos na mesma dirección, e ir contra este modelo supón ir tamén contra o propio sector”, sinala.

 

Por iso, pide ao Goberno provincial que deixen de perder o tempo en “discusións e intereses partidistas. O sector propón un modelo para traballar desde todas as administracións, e por iso entendemos que é fundamental que todas se sumen”, engade. Nesta liña, recorda que a Xunta xa anunciou que se suma a este fondo covid-19, e recordou que moitos concellos tamén están amosando a súa disposición. Destacou, ademais, que “moitos concellos estamos bonificando, reducindo ou conxelando impostos e taxas e aprobando axudas, pero parece que a Deputación de Pontevedra e algúns concellos non acaban de entender a necesidade de sumar esforzos”.


Cubela pide á Deputación que non permaneza “por máis tempo de costas aos problemas desta provincia. É a única deputación galega que non aprobou a día de hoxe nin un só euro en axudas directas nin para autónomos, pemes ou hostaleiros, unha decisión totalmente incomprensible”.

 

Ademais, recorda que a Xunta xa ten pagadas practicamente o total das xudas solicitadas, 25 millóns para hostelería, dos 80 millóns de euros que se destinaron para autónomos e pemes, “pero non pode ser a única administración que aprobe axudas para o sector”. Por iso, na moción o PP tamén reclama ao Goberno central "decisións áxiles que aporten seguridade e medidas que non só aporten liquidez ás actividades, senón que garantan a súa solvencia e salven o emprego".

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • A Xunta estende o prazo para a descarga de carteis e códigos QR
    A Xunta estende o prazo para a descarga de carteis e códigos QR
  • Galicia recibirá a finais desta semana 30.000 doses da vacina de Astrazéneca
    Galicia recibirá a finais desta semana 30.000 doses da vacina de Astrazéneca
  • Aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso
    Aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso
  • A Policía Autonómica formula 50 denuncias por incumprimentos na hostalería no primeiro día da desescalada
    A Policía Autonómica formula 50 denuncias por incumprimentos na hostalería no primeiro día da desescalada
  • Galicia rexistra un total de 7.292 casos activos de covid
    Galicia rexistra un total de 7.292 casos activos de covid
  • O Porriño, Mos, Salceda, Ponteareas e Tui: terceiro nivel de restricións
    O Porriño, Mos, Salceda, Ponteareas e Tui: terceiro nivel de restricións
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia