Imprimir esta páxina
12
Febrero

Esquí en familia para reforzar os lazos entre pais e fillos

O Concello de Mos organiza unha viaxe á estación de Leitariegos en marzo para a que abre o prazo de inscrición mañá

A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha nova actividade  dentro do programa “Ocio en Familia”.

 

Con ela se pretende impulsar a convivencia do neno ou adolescente coa súa familia, promovendo e optimizando todos os recursos da familia e da comunidade de xeito que se garanta o desenvolvemento integral de nenos e adolescentes e a cobertura das súas necesidades básicas por parte das súas persoas proxenitoras no tocante  ao  ocio e tempo de lecer. Proponse deste xeito unha nova iniciativa para o mes de marzo consistente nunha excursión á neve,  á estación invernal de Leitariegos, situada ao noroeste da provincia de León, en plena Cordilleira Cantábrica e no límite con Asturias. 

 

Deste xeito, as familias descubrirán un turismo en familia con nenos e nenas, dado que esta estación  é un lugar axeitado e orientado a eles, xa que está plenamente adaptado ás súas necesidades no que se refire a instalacións, servizos e programas de actividades  ideais para a iniciación ao deporte do esquí e o snowboard .

 

Os destinatarios desta viaxe son os membros das unidades familiares do municipio de Mos con nenos e nenas que teñan idades comprendidas entre os 6 e 14 anos, ampliándose ao resto da poboación se quedasen prazas vacantes.
O prazo de inscrición abrirase mañá, martes 13 de febreiro, e renatará o día 5 de marzo. As familias interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello neste período de tempo.

 

As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello ata cubrir o límite total das 55 prazas, sendo necesario conseguir un mínimo de 35 participantes para poder realizarse, tendo prioridade as persoas empadroadas no Concello.

 

A lista de admitidos publicarase o día 6 de marzo. A viaxe realizarase dende o venres 9 de marzo ata o domingo, día 11 do mesmo mes.

 

As modalidades de participación na actividades son: Modalidade A con curso esquí, aluguer de equipos, viaxe, pensión completa e seguro de accidentes; ten un prezo de 146 euros adulto e 100 euros neno. Modalidade B con aloxamento en pensión completa, Forfait, material e seguro en Pistas; ten un prezo de 136 euros adulto e 90 euros neno. Modalidade C con aloxamento en pensión completa, Forfait e seguro en pistas; ten un prezo de 112 euros adulto e 76 euros neno. Modalidade D con aluguer de equipos, viaxe, pensión completa, seguro de accidentes, seguro en pistas e plus por material para snowboard; ten un prezo de 171 euros adulto e 125 euros neno.

 

Para todas as modalidades inclúese: aloxamento de fin de semana (dúas noites, de venres e sábado, e de sábado a domingo), pensión completa: dúas ceas (venres e sábado), dúas comidas (sábado e domingo), e dous almorzos (sábado e domingo), viaxe en autocar ata o destino e retorno, seguro de accidentes e seguro de  viaxe, seguro de accidentes en pista, e dous días de remontes (Forfait) na estación de Leitariegos.

Valora agora
(1 Vote)