Imprimir esta páxina
23
Noviembre

O Colexio Lar conmemora Santa Icía cun concerto da Unión Musical de Cabral

Na actividade participaron máis de 300 estudantes

Os estudantes de educación infantil e primaria do Colexio Lar, en Mos, conmemoraron onte o día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, cun concerto a cargo da banda Unión Musical de Cabral. Os integrantes desta agrupación achegáronse ao centro educativo para ofrecerlles un recital no cal algún dos pequenos mesmo se atreveu a participar, practicando como director e dirixindo a batuta.

Na actividade participaron máis de 300 estudantes. Todo o alumnado de Educación Primaria (199) e do Lar dos Pitufos, que é como se denomina aos tres niveles de Educación Infantil e que neste curso 2015/2016 son un total de 133 nenos de 3, 4 e 5 anos.

Valora agora
(0 votos)