Imprimir esta páxina
26
Noviembre

Mos acolleu a Mesa Local sobre Violencia de Xénero

En conmemoración do Día Internacional contra esta lacra social, o municipio mosense buscou nesta Mesa as claves da igualdade entre sexos

No "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller", tivo lugar no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a Mesa Local sobre Violencia de Xénero constituída por profesionais dos ámbitos xurídico, social, sanitario, educativo, policial, etc. Tamén se invitou a participar a outros profesionais que estean a traballar neste tema.

Estiveron presentes no acto a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, a edil de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, as Traballadora Social e Psicóloga municipais, o Traballador Social dos Centros de Saúde de Mos e O Porriño, representantes da Policía Local, da Garda Civil e da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, un representante do Centro de Emerxencias para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero e representantes da Corporación Municipal.

O punto principal da orde do día foi unha conferencia por parte de Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora social especializada en violencia de xénero, sobre o tema “As mulleres estranxeiras ante a violencia de xénero”. Pérez Freire tamén presentou o proxecto “Speak Out for support SOS – VICS” (guía de boas prácticas para o traballo como intérprete en contextos de violencia de xénero), proxecto centrado na formación de intérpretes cuxa especialidade é o traballo con vítimas estranxeiras de violencia de xénero. A ponente foi a responsable do traballo de campo deste proxecto.

 

Na búsqueda das claves para fomentar a igualdade entre sexos e erradicar o maltrato

Sobre a realidade que lamentablemente require da celebración desta data as representantes municipais declararon durante a Mesa que “a desigualdade entre homes e mulleres existente no nosa sociedade constitúe un dos ataques máis fragantes aos dereitos fundamentais como a liberdade, a igualdade a seguridade e a non discriminación; por iso dende o Concello de Mos vimos realizando ao longo deste anos diferentes actividades encamiñadas á formación dos profesionais, á prevención e á sensibilización social respecto da gravidade e magnitude deste problema, actividades que se complementan coas que hoxe presentamos incluídas dentro do programa oficial do Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.

 

“Considerando a desigualdade como o xerme para as situacións de violencia de xénero, e o Concello como a administración más preta á cidadanía, este último convértese no marco de referencia para a loita contra a desigualdade e para a prevención e sensibilización en violencia de xénero, de ahí que dende este espazo esteamos a facer realidade multitud plans e programas a prol da prevención e erradicación de todo tipo de violencia contra as mulleres”, Sara Cebreiro

 

Valora agora
(0 votos)