Imprimir esta páxina
Mesa redonda celebrada recentemente en Sanguiñeda Mesa redonda celebrada recentemente en Sanguiñeda
05
Noviembre

O BNG informa da súa postura sobre o proxecto do Celta no Auditorio das Pedriñas

O acto público celebrarase o próximo mércores 7 ás 20:30 horas e contará coas intervencións de Miguel Anxo Aldea e Gustavo Barcia


O BNG de Mos celebará un acto aberto a toda a veciñanza o próximo mércores, 7 de novembro, no Auditorio do CSCD As Pedriñas, en Tameiga, no que explicará polo miudo a súa posición respecto da cidade deportiva e o centro comercial que o Real Club Celta de Vigo plantexa nos montes de Tameiga, Cela e Pereiras. O inicio da charla está programado para as 20:30 horas e nela falarase tamén sobre o proxecto da nova autovía por Mos e a variante defendida polos populares.

 

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Mos, Miguel Anxo Aldea, e o candidato á alcaldía para as próximas eleccións municipais, Gustavo Barcia, informarán sobre as últimas novidades relativas ao proxecto do Celta, entre elas "a modifiación da Lei do Solo que a Xunta de Galicia acaba de coar na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2019 co obxectivo de facilitar a expropiación dos terreos para o pelotazo urbanístico do Celta", relatan os nacionalistas, "esta manobra foi destapada recentemente polo BNG, que xa solicitou no Parlamento Galego a retirada da modificación da Lei".

 

Dende o anuncio do proxecto, o BNG posicionouse abertamente en contra da construción da cidade deportiva e do centro comercial en Mos. Nos últimos meses celebráronse varios encontros coa veciñanza das parroquias implicadas nos que se informou sobre a postura nacionalista en contra da modificación do PXOM. "Nestas xuntanzas quedou patente o rexeitamento maioritario e a crecente preocupación social ante o impacto negativo que o proxecto podería ter no monte, nas augas e na contorna natural", concluen dende o BNG.

 

Valora agora
(0 votos)