Un deles presuntamente encargouse de levar arredor de 5.000 sobres a Correos e o outro, está a ser investigado por ser a persoa que puido terllo encargado.
O envío masivo dos recibos falsos de abastacecemento de auga, dirixidos aos veciños e veciñas de Mos foi denunciado a finais do pasado mes de maio, ás portas das eleccións municipais do 26M. Estas facturas eran remitidas por unha empresa que non existe, Aquamos, e incluían, de xeito fraudulento e sen autorización algunha, o escudo do Concello de Mos e o teléfono de atención ao usuario do Consorcio de Augas do Louro. O importe que recollían estas facturas, que debían ser aboadas polos veciños, oscilaba entre os 200 e os 400 euros.
Os feitos foron denunciados polo Concello de Mos e tamén polo Consorcio de Augas do Louro ante a Garda Civil. Por aquel entonces, e inmersos en plena campaña electoral, a rexedora Nidia Arévalo denunciou que este envío de "cartas bomba" constituía un "delito de extrema gravidade" que perseguía crear alarma social nunha