Imprimir esta páxina
17
Julio

Reunión informativa sobre o Plan Municipal contra Incendios en Cela

Será mañá, xoves 18 de xullo, ás oito da tarde no local social de Celado


Mañá se celebrará a primeira reunión informativa sobre o Plan Municipal contra Incendios que terá lugar ás 20.00 horas no Local Social da Asociación Veciñal e Cultural de Celado, parroquia de Cela.


Persoal municipal acompañado de representantes de Seaga realizará reunións informativas a este respecto nas diferentes parroquias de Mos, comezando pola de Cela.


O Concello de Mos ven de aprobar un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, Seaga e a Fegamp.


O Concello de Mos adheriuse a este Convenio que ten por obxecto instrumentar a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga, e a Fegamp, mediante o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, remitindo a Xunta de Galicia o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Mos, para aprobación e exposición pública por parte do Concello.


O Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais é de elaboración, execución e actualización obrigatoria para os Concellos e se integrará dentro do PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) e dos Planes de Distrito; así como no Plan de Emerxencias Municipal, sendo redactado por un titulado universitario forestal.


Este Plan Municipal inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas cuxos propietarios deberán proceder á súa limpeza.


Deste xeito se deberá dar cumprimento por parte dos propietarios e propietarias de todos os predios, montes e soares incluídos no plan de prevención ás obrigas de prevención e defensa contra os incendios forestais, manténdose nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza co fin de previr e evitar o risco de incendios, sendo as distancias de seguridade a respectar de 50 metros dende as edificacións libre de maleza e libre de pino, mimosa, eucalipto, fento, toxo, acacias e resto das especies que regula a normativa e requirindo en caso contrario por parte do Concello o seu cumprimento, podendo contratar no seu caso a xestión co SEAGA (Empresa Publica de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) da Xunta de Galicia. En caso de incumprimento se executará de forma subsidiaria con repercusión dos costes ás persoas responsables e coa imposición das sancións correspondentes.


O contido do Plan inclúe a delimitación do ámbito territorial e caracterización do medio físico e biolóxico, descrición e análise dos montes e os paisaxes existentes neste territorio, os seus usos e aproveitamentos actuais, en particular os usos tradicionais, así como as figuras de protección existentes, incluíndo as vías pecuarias; ademais de aspectos xurídico-administrativos e características socioeconómicas. Tamén zonificación por usos e vocación do territorio, obxectivos, compatibilidades e prioridades; planificación das accións necesarias para o cumprimento dos obxectivos, incorporando as previsións de repoboación, restauración hidrolóxico-forestal, prevención e extinción de incendios, regulación de usos recreativos e ordenación de montes. Así como establecemento do marco no que se poderán subscribir acordos entre a Administración e os propietarios para a xestión dos montes e establecemento das directrices para a súa ordenación e aproveitamento garantindo que non se poña en perigo a persistencia dos ecosistemas e se manteña a capacidade produtiva.


Tal e como explicaron a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Leo Costas,, “os obxectivos do Plan Municipal de Prevención de Defensa contra os Incendios Forestais son a descrición da situación actual do Concello (análise de risco, zonas de actuación, prioridades), a catalogación dos medios e recursos de prevención e defensa contra os incendios forestais, o establecemento do procedemento a seguir en caso de emerxencia, a regulación dos usos e o aproveitamento do risco e a programación de traballos preventivos”.

 

En todo caso, será necesario informe preceptivo y vinculante da Dirección Xeral de Montes. Se remitirá á Dirección Xeral de Montes da Xunta de Galicia para informe unha vez rematado o período de exposición pública e posterior entrada en vigor.


Detalles sobre o Plan


Mediante o mesmo, procédese a realizar a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias. O acceso á prestación do servizo será voluntario para as persoas responsables e se efectuará, a través do Concello, mediante a formalización dos contratos de xestión da biomasa.


A tarifa que deberá ser obxecto de abono polas persoas responsables do cumprimento das obrigas da xestión da biomasa que formalicen o contrato será de 350 euros por hectárea e anualidade. Deste xeito o custe dunha actuación nunha parcela de mil metros cadrados sería de 35 €.


As persoas responsables que non accedan a este servicio deberán realizar o cumprimento voluntario da súa obriga para xestionar a biomasa nas parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas.


En caso de incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

 

Para a consulta das parcelas incluídas polo Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Mos o documento se atopa publicado na sede electrónica https://www.mos.es/.

Valora agora
(0 votos)