Imprimir esta páxina
19
Julio

Frioya instálase na Veigadaña

A Xunta de Goberno Local de Mos aprobou a licenza para complexo industrial frigorífico que eleva a ao 94% a ocupación do polígono mosense


Tras a outorgada a semana pasada a Tubos Mecánicos Norte, A Xunta de Goberno Local de Mos ven de aprobar a licenza para edificio industrial-novo complexo frigorífico no Polígono da Veigadaña a Frigoríficos Oya.


Unha empresa máis elixe o parque empresarial mosense para asentar as súas instalacións. O título de Concello Emprendedor Doing Business séguelle a dar os seus froitos a Mos que incorpora unha nova importante actividade ao Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña.

 

A data de hoxe, o 94 % das 83 parcelas do PEMOS Veigadaña atópase con empresas funcionando, reservadas ou con proxectos.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca neste senso que “esta nova pranta da industria frigorífica que elixe Veigadaña como ubicación tradúcese nunha realidade de crecemento empresarial e económico para o noso Concello e na creación de postos de traballo, por iso lle agradecemos á empresa que apostasen por Mos para levar adiante este proxecto. Somos un Concello resolutivo, un Concello emprendedor ‘Doing Business Galicia’…, en definitiva, un Concello territorio de oportunidades que se seguen a facer visibles”.

 

O solar no que se asentará Frioya é o resultado da agrupación das parcelas C02, C03, C04 e C05 do Parque Empresarial de MOS (PEMOS), Polígono Industrial A Veigadaña. A futura actividade a desenvolver por Frigoríficos Oya prevé o almacenamento de europalets de 1.000 kg e de ata 2100 mm de altura a temperatura negativa. O almacenamento realizarase combinando rack fixo e robotizado (bases móbiles) en prol de optimizar o rendemento volumétrico e a eficiencia da instalación.

 

Dado que a parcela obxecto de proxecto ten 12579.24 m2 edificados, resúltanlle de aplicación 126 prazas de aparcamento, das cales se proxectaron 96 prazas de aparcamento no interior da parcela, de dominio privado.

 

O proxecto contempla a construción dun edificio industrial para o posterior desenvolvemento da actividade da empresa promotora, especializada en loxística de produtos (alimentarios) conxelados e refrixerados. Consiste nun conxunto de naves industriais encostadas e comunicadas entre sí, de maneira que exteriormente a imaxe sexa dun único edificio homoxéneo e illado na parcela. Cada unha destas naves destínase a un uso específico propio da actividade para desenvolver.

 

O edificio ten unha única planta sobre rasante, excepto na zona de oficinas onde se proxectan dúas plantas, aínda que a súa altura total é inferior á das zonas de actividade industrial. A cuberta resólvese en cada corpo, lixeira tipo deck, a dúas augas. Na zona de oficinas será plana tipo investida. O edificio desenvólvese en tres grandes naves encostadas entre sí para aloxamento das cámaras frigoríficas ao redor das cales se van articulando o resto de edificacións, dependendo das necesidades de uso de cada zona específicas, nunha serie de volumes con distinta altura, todos sobre rasante e dunha única planta, excepto nas oficinas onde hai dúas. En conxunto é un edificio illado. A cuberta é lixeira a dúas augas na zona industrial e plana investida sobre as oficinas. Os cerramentos serán de panel prefabricado de formigón, en tonalidades claras de espesor adecuado acorde coa eficiencia enerxética do edificio.

 

O total da superficie útil de planta baixa é 8952.44 m2, o total superficie útil de planta alta é 825.60 m2 e o total de superficie construída 12599.24 m2.

 

O orzamento de execución material desta costrución ascende a 3.148.344,98 euros.

Modificouse o Viernes, 19 Julio 2019 12:55
Valora agora
(0 votos)