Imprimir esta páxina
22
Julio

Rally Sur do Condado de dez para o Luscofusco

O equipo da Louriña terminou a proba en primeira posición dentro da copa Pirelli AMF Motorsport,  conseguindo un meritorio 15º posto na clasificación xeral

Brillante papel do equipo da Louriña, Luscofusco Competición , no Rally Sur do Condado.  O equipo formado polo piloto mosense Sergio Otero e o copiloto porriñés José Antonio González, terminaron a proba en primeira posición dentro da copa Pirelli AMF Motorsport e nun meritorio 15º posto na clasificación xeral.

 

O equipo comezou a competir o ano pasado dentro do Campionato Galego de Rallyes a bordo dun Peugeot 2016 rc. Este ano, participaban por primeira vez no Rally Sur do Condado, proba marcada pola climatoloxía e a dureza dos seus tramos que reuniu a 131 participantes.

Valora agora
(0 votos)