Imprimir esta páxina
23
Agosto

Incautados 1.687 paquetes de tabaco que circulaba sen documentación fiscal en Mos

Levábao o dono dun estanco para repoñer unha máquina expendedora dun establecemento comercial do municipio


A Garda Civil incautouse en Mos dunha partida de tabaco que circulaba sen a correspondente documentación de acompañamento, infrinxindo a normativa que regula a circulación e transporte que vén determinada na vixente Lei de Impostos Especiais.


A actuación produciuse por mor dunha inspección rutinaria que realizaron o pasado mércores os efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras da  Comandancia da Garda Civil de Pontevedra nun establecemento de restauración, no termo municipal de Mos. A finalidade da inspección era comprobar o cumprimento da normativa sanitaria e fiscal da mercadoría que estaba disposta para o consumo e venda no establecemento.

 

Ao finalizar as comprobacións, a Patrulla Fiscal procedeu ao recoñecemento da mercadoría que transportaba unha furgoneta que estaba estacionada no aparcamento do establecemento, que lles había  infundido sospeitas, e comprobaron que transportaba 1.687 paquetes de tabaco de venda legal, pero se ningún tipo de documentación fiscal.


Segundo puido acreditar a condutora e propietaria do vehículo, o tabaco procedía dun estanco autorizado ao seu nome no mesmo municipio e levábao para repoñer a máquina expendedora do establecemento de restauración, sen a preceptiva documentación de acompañamento.


Como consecuencia, os efectivos de Patrulla Fiscal e Fronteiras procederon á incautación do tabaco que, xunto coa denuncia efectuada, entregouse na Dependencia de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra, que será o órgano encargado de incoar o correspondente expediente sancionador.


As aprehensións do tabaco que conlevan este tipo de infraccións administrativas veñen desenvolvendo dentro as competencias relativas ao resgardo fiscal do Estado que ten encomendada a Garda Civil, encamiñadas a previr e perseguir as infraccións de carácter fiscal en todo o territorio nacional, velando polo cumprimento da lexislación vixente, tanto nacional como autonómica, en relación cos labores do mercado de tabaco.

Valora agora
(0 votos)