Imprimir esta páxina
24
Agosto

Curso de alfabetización dixital en Mos

Impartirase do 29 de agosto ao 5 de setembro nas instalacións da Axencia de Colocación e os interesados en realizalo xa poden inscribirse

A Axencia de Colocación de Mos impartirá proximamente unha acción formativa en materia de alfabetización dixital.


O curso é gratuíto e facilita os coñecementos básicos e imprescindibles para o uso dun PC.


Trátase dun obradoiro titulado 'Alfabetización dixital' e facilitará ás persoas intereresadas os primeiros coñecementos básicos e imprescindibles para o uso diario dun PC, e unha serie de novas mecánicas e tarefas para sacar o máximo partido ao computador, así como as recomendacións para o uso diario.


Impartirase do 29 de agosto ao 5 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas. A demanda da alfabetización dixital está a crecer, debido ao interese por entender o mundo actual, no que a tecnoloxía xa está presente no día a día e tamén debido á procura dunha boa integración no mercado laboral. Trátase dun curso totalmente gratuíto pensado para persoas que se inician no uso do computador e internet.


As persoas interesadas poden inscribirse de forma presencial nas instalacións da Axencia de Colocación ou telefonicamente chamando ao número da mesma: 986487786.

Valora agora
(0 votos)