Imprimir esta páxina
05
Septiembre

Os populares de Mos inauguran o curso político cunha reunión organizativa

Os concelleiros do goberno local atenderán ao público na sede dúas tardes ao mes

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, e os demais membros do equipo de goberno local, reuníronse o martes na sede dos populares mosenses cos integrantes do Comité Local na tradicional xuntanza de apertura do novo curso político.


Na reunión acordouse celebrar a periódica xuntanza organizativa do Comité que se celebrará cada mércores anterior ao Pleno Ordinario mensual da Corporación Municipal, que soe convocarse para o último lunes de cada mes.


Ademais a sede local do PP de Mos permanecerá aberta varios días ao mes cos obxectivos de: atender ao público en xeral e xestionar afiliacións, para o uso dos membros do Comité, Novas Xeracións e colaboradores en xeral e para atención por parte dos concelleiros e concelleiras do goberno municipal. Durante eses días na sede facilitarase información detallada dos asuntos en curso (obras, servizos… etc.) e dos actos programados por materias e parroquias, e por parte dos concelleiros recolleranse queixas e suxerencias de obras, servizos municipais, así como de actos ou visitas interesantes das parroquias.


As datas de apertura da sede xa programadas que inclúen atención por parte dos edís son o martes 24 de setembro de 18.00 a 20.00 horas con Sara Cebreiro, Alberto Méndez, Julia Loureiro e Begoña Toucedo ; o mércores 25 de setembro de 18.00 a 20.00 horas con Camilo Augusto, Baldomero Lorenzo, Leo Costas e Gonzalo Alonso ; o martes 22 de outubro de 18.00 a 20.00 horas con Sara Cebreiro, Alberto Méndez, Julia Loureiro e Begoña Toucedo ; o mércores 23 de outubro de 18.00 a 20.00 horas con Camilo Augusto, Baldomero Lorenzo, Leo Costas e Gonzalo Alonso ; o martes 19 de novembro de 18.00 a 20.00 horas con Sara Cebreiro, Alberto Méndez, Julia Loureiro e Begoña Toucedo ; e o mércores 20 de novembro de 18.00 a 20.00 horas con Camilo Augusto, Baldomero Lorenzo, Leo Costas e Gonzalo Alonso.


Tradicional comida dos populares de Mos


Ademais este mes celébrase a Xuntanza dos Populares de Mos o vindeiro 15 de setembro no parque da Pesqueira a partir das 14.00 horas. A entrada ten un prezo de 15 euros e inclúe un menú para o xantar consistente en empanada, callos, carne ó caldeiro, bebidas, postre e café; ademais de actuación musical para amenizar a xornada.

 

image1

Valora agora
(0 votos)