Imprimir esta páxina
Verquido no río Louro Verquido no río Louro
09
Septiembre

O Psoe de Mos denuncia que seguen a producirse verquidos no Louro

Fai semanas a bancada socialista reclamaba máis controis sobre os verquidos que se están facendo no río Louro despois de varias denuncias veciñais.

No pleno de agosto, no que se aprobou o pacto de alcaldes polo clima e a enerxía, a voceira socialista Victoria Alonso solicitou que "este pacto tamén se materializase coa definición dunha estratexia para eliminar a contaminación medioambiental e os vertidos nos ríos locais".

 

Esta semana, os socialistas denuncian que siguen recibindo queixas da veciñanza "onde nos mostran a súa preocupación polos vertidos que se fan no Louro de forma sistemática e co beneplácito do goberno popular que parece non tomar cartas no asunto". Victoria Alonso, pide que "se tomen medidas o antes posible para identificar o foco dos vertidos e que se lle poñan fin", engade que "se queremos potenciar o paseo do noso río temos que telo limpo e coidar o entorno". Alonso critica a "deixadez do Partido Popular en temas medioambientais" e di que as medidas que toman "son de cara a galería pero as e os mosenses queremos que pasen das fotos os feitos".

Valora agora
(0 votos)