Imprimir esta páxina
24
Octubre

O BNG declina o convite ao aniversario de AEMOS

O BNG de Mos recibiu, como todas as forzas políticas representadas na corporación municipal, un convite para participar na cea de conmemoración do 25 aniversario da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), que se celebrará en Redondela este venres, 25 de outubro. Dende o Consello Local transmitiron á Asociación o seu o "agradecemento" e "desexo de que todas as asociadas e asociados teñan un feliz día", pero declinaron participar no evento.

"En primeiro lugar, non podemos deixar de amosar a nosa sorpresa ante o feito de que AEMOS decida celebrar unha efeméride tan destacada fóra do noso concello e o faga en Redondela", apuntaron os nacionalistas, "Entendemos que non é unha decisión moi coherente para unha entidade que ten o obxectivo de fortalecer o tecido empresarial de Mos".


Alén disto, expuxeron que siguen"agardando que AEMOS manifeste a súa posición pública respecto á proposta de modificación puntual do PXOM de Mos, cuxo documento inicial foi aprobado hai poucos días no pleno. Este proxecto, impulsado dende o Real Club Celta, contempla a construción dun centro comercial de enormes dimensións que afectará de forma drástica ao pequeno comercio e ao tecido empresarial do noso concello. Sen dúbida, será interesante coñecer a posición da asociación de empresarios respecto a un dos temas que máis preocupa á veciñanza e aos propios empresarios".

Valora agora
(1 Vote)