Imprimir esta páxina
24
Octubre

Dáse á fuga tras chocar contra un poste da luz e deixar sen electricidade varias vivendas en Mos

Un condutor deuse á fuga tras sairse da vía o vehículo que conducía e chocar contra un poste da luz, na estrada da Vía, na parroquia mosense de Tameiga. Pese á dureza do impacto, tras envorcar o turismo o condutor abandonou o lugar do sinistro.

O accidente deixou sen subministro eléctrico a varias casas do barrio. Tras recibir o aviso desprazáronse ata o lugar axentes da Garda Civil de Tráfico, efectivos do servizo de emerxencias de Mos e operarios de mantemento do subministro eléctrico para reparar a avaría e devolver o servizo aos veciños da zona.

Modificouse o Sábado, 24 Octubre 2020 20:15
Valora agora
(0 votos)