Imprimir esta páxina
A Louriña di adeus a Don Francisco Arias Don Francisco homenaxeado polo Concello do Porriño polo seu 100 cumpreanos
09
Enero

A Louriña di adeus a Don Francisco Arias

O Dr. Francisco Arias Mora falecía no Porriño aos 103 anos de idade

A Louriña recibía hoxe a triste nova do falecemento de quen por moitos anos aliviou a dor e mellorou a vida de moitos veciños do val, o  Dr. Francisco Arias Mora, coñecido por todos como Don Francisco.

 

Don Francisco falecía hoxe aos 103 anos de idade no Porriño. Se ben era natural de Aranjuez, chegou á vila do Louro moi novo, con 25 anos, acompañado pola súa nai e a súa irmá,  e aquí formou a súa familia e naceron os seus fillos, Paco, Juan, Beatriz e Rafael. Casado coa porriñesa, Dona Matilde Avendaño, D. Francisco converteuse nun porriñés máis, e por todos era coñecido o sentir que o unía coa vila, se ben nunca olvidou o seu Madrid natal, na súa solapa nunca faltaba a insignia do seu equipo de fútbol, o Real Madrid.

 

 

Fillo de militar, D. Francisco Árias sempre tivo moi clara a súa vocación e, tras rematar a carreira de mediciña á temprana idade de 21 anos, comezou a desempeñar a súa carreira profesional como Capitán Médico do Exército Republicano. Tras o duro traballo como médico de campaña, foi na posguerra,  concretamente no ano 1.941, cando foi destinado a Mos como médico titular de cabeceira.

 

Así chegou ao Val da Louriña quen por sempre estará presente na memoria de todos os mosenses e porriñeses. Pese a ser especialista en pediatría, nenos, adultos e anciáns desfilaban pola súa consulta , lugar de onde sempre saían aliviados dos seus problemas de saúde e de corazón, pois era seña de identidade de Don Francisco o seu cálido trato aos seus pacientes e ás persoas máis desprotexidas.

 

E é que a o contexto en que D. Francisco desempeñou a súa labor distaba moito do actual. Un entorno rural, moi atrasado en servicios e cunha población que atravesaba dificultades, un entorno de posguerra no que o doutor, que contaba cunha exquisita formación da man de grandes nomes como o Dr. Gregorio Marañón,  introduxo novas praxis e tratamentos, como o uso da penincilina.  Neste escenario o “médico” prestaba un servizo de 24 horas, atendendo no seu consultorio e despois nos fogares.  A calquer hora, en calquer momento, Don Francisco acudía a onde se precisaba sen importarlle que, como moitas veces acontecía, quen precisaba da súa axuda non puidera pagarlle. O seu encomiable esforzo basicamente se viu recompensado coa admiración, o agarimo e o eterno agradecemento dos veciños do Val da Louriña.

 

Hoxe se despide deixando unha situación ben diferente, sen embargo, figuras como a de Don Francisco seguen a ser imprescindibles. Unha mezcla de servicio de urxencias, asistente social, confesor e psicólogo, alguén en quen confiar, alguén que tiña nas súas mans a saúde da familia e o seu benestar, dende o nacemento ata a morte. Grazas por tanto Don Francisco.aaaarias

 

 

 

DEP Don Francisco Arias Mora

 

O velatorio está instalado dende esta tarde no Tanatorio Vigo Memorial. Ás 12:30 horas de mañá, martes día 9, oficiarase a misa exequial para a posterior incineración.

 

Os veciños do Porriño e Mos poderán dar o último adeus a Don Francisco Arias Mora no funeral que se oficiará o sábado, día 14, ás 12:30 horas na Igrexa Paroquial Santa María do Porriño.

 

Imaxe: Revista ACOUGO (CRC) D. Francisco Arias Mora na presentación do documental "El continente desconocido". 17 de abril 1971.

Modificouse o Lunes, 09 Enero 2017 22:10
Valora agora
(7 votos)