Imprimir esta páxina
09
Febrero

Veciños do Casal rebélanse contra o paso de camións

Decenas de veciños e veciña do barrio do Casal, en Budiño, concentráronse onte para reclamar solucións á inseguridade vial que veñen soportando polo paso de tráfico pesado, camións de gran tonelaxe e transportes especiais, á porta das súas casas  na EP-2405, de titularidade provincial.


Os veciños viven nunha zona residencial, nun núcleo urbano que convive a diario coas molestias que supón a actividade dun polígono industrial próximo. Aos inconvintes inherentes aos parques industriais próximos, hai que sumar o ter que soportar a diario un tráfico de gran tonelaxe que en ocasións pasa a escasos centímetros da súas vivendas. Esta situación xa foi debidamente notificada tato ao Concello do Porriño como á Deputación de Pontevedra, ente titular de este vial, sen que polo momento se tomara ningunha medida ao respecto. Con tal motivo, os veciños optaron por mobilizarse para esixir solucións.

 


Onte, comenzaron as súas protestas cortando os accesos á rotonda ubicada frente ao restaurante O Volante, e avazan que continuarán convocando concentracións mentres non se lles aporte unha solución.

 

 

 

 

 

Valora agora
(0 votos)