Imprimir esta páxina
18
Julio

Atentan contra a fachada da Igrexa de Santa María do Porriño

A igrexa parroquial de Santa María do Porriño amaneceron este xoves vítimas dun acto vandálico. A Policía Local do Porriño recibía esta mañá, ás 8:19 h., o aviso do feito que se supón aconteceu de madrugada.

Os danos afectan á fachada principal, concretamente á parte dereita, que apareceu cuberta de pintura de cor rosa, supostamente, botada con algún tipo de envase.

 

O párroco da igrexa, ubicada no centro da vila, presentará denuncia ante a Garda Civil. Pola súa parte, o Concello do Porriño informou que xa comunicou esta mesma mañá á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e tamén á Diócese de Tui-Vigo, os danos sufridos no templo.

 

Esta non é a primeira vez que a igrexa do Porriño é vítima destes actos. A mesma zona da fachada, onde se atopan vestixios de simboloxía franquista, apareceu pintada noutra ocasión, tamén un 18 de xullo, coincidindo co día en que a sublevación militar contra a república iniciou a guerra civil no ano 36.

 

67156635 2484303658274741 1670042387453313024 o

 

Modificouse o Jueves, 18 Julio 2019 14:57
Valora agora
(0 votos)