Imprimir esta páxina
16
Agosto

O Concello valora o traslado da base de Protección Civil ao Multiusos de Torneiros

Unha comitiva municipal visitou diversas dependencias do Multiusos para valorar sobre o terreo o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil do Porriño ás instalacións de Torneiros. Na actualidade, a base operativa da Agrupación atópase no polígono da Granxa onde teñen o seu almacén e todos os equipos de intervención.

Dende o Concello valoran para o posible traslado un par de aulas da pranta baixa que están actualmente en desuso e que, previa limpeza e redistribución de espazos, poderían servir para acoller a base da Agrupación de Protección Civil.  Consideran dende o consistorio que as instalacións son "máis axeitadas" e que "estarían máis próximos a Porriño para mellorar o seu tempo de resposta e polo tanto a súa operatividade".

 

A Agrupación Local de Protección Civil do Porriño está formada por voluntarios que realizan unha media que supera o máis dun milleiro de intervencións cada ano.

Valora agora
(1 Vote)