Imprimir esta páxina
19
Agosto

O SERGAS inicia o procedemento para a ampliación do Centro de Saúde do Porriño

O Servizo Galego de Saúde publicou hoxe a licitación do proxecto básico e de execución da ampliación do centro de saúde do Porriño que sumará 700 metros cadrados de superficie útil .


A licitación ascende a 74.735,17 euros e o prazo de execución deste proxecto é de dous meses e medio e as obras dotarán dun maior espacio tanto a área de urxencias (PAC) como a área médica e pediátrica.  


O Centro de Saúde do Porriño dispoñerá de dúas novas consultas de mediciña xeral, unha nova consulta de enfermería, unha consulta de matrona, unha sala de ciruxía menor, unha sala polivalente e unha consulta e ximnasio de fisioterapia. Asimesmo, conta cunha sala de educación maternal, unha consulta de farmacia, unha para odontoloxía, unha sala de toma de mostras e outras dependencias.


Na área de pediatría, pasará de 2 a 3 consultas, terá unha nova consulta de enfermería pediátrica e unha consulta polivalente de pediatría, ademais da sala de espera e o aseo.


Danse así os primeiros pasos para responder a unha das principais demandas da veciñanza do Porriño. O centro de saúde atende a unha poboación dunhas 20.000 persoas das que 3.000 son menores de 14 anos.

 

Detalles da licitación publicada hoxe: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=579802&lang=gl

Valora agora
(0 votos)