Imprimir esta páxina
Imaxe: Arquivo SDL Imaxe: Arquivo SDL
20
Agosto

35 establecementos participarán na XXVI Festa dos Callos do Porriño

A ración de callos terá un prezo unificado de 5 euros

Trinta e cinco establecementos de hostelería de Porriño participarán na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame gastronómico que organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial Acipor terá lugar o 29 de setembro durante as festas patronais e constitúe un dos principais reclamos para milleiros de visitantes que acuden nesas datas ao Porriño.

 

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración, que se unifica a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos de hostelería que mantiveron onte unha reunión preparatoria.

 

Outro dos acordos foi a elección do cartel anunciador da Festa que será presentado o martes 24 de setembro nun acto a celebrarse na praza do Concello cunha degustación de callos para os asistentes.

Valora agora
(1 Vote)