Imprimir esta páxina
11
Septiembre

Máis de 3.000 escolares comezan o curso no Porriño

O CEIP de Atios acolleu hoxe o acto oficial de apertura do curso escolar do Porriño. Para este curso 2019/2020 a previsión da comunidade educativa porriñesa é que estean escolarizados nos sete colexios, no centro Aceesca e nos dous institutos, unha cifra superior ós 3.000 rapaces e rapazas.

O acto de apertura celebrouse no CEIP de Atios, coa asistencia de directores dos centros docentes e representantes das Anpas. Roberto Devesa, director do colexio anfitrión nesta quenda, agradeceu ó Concello de Porriño, a Consellería de Educación e aos pais e nais dos alumnos o esforzo común que realizaron para acometer as obras de mellora neste CEIP, tanto nas instalacións educativas como no pavillón deportivo.

 

Na mesma liña falou Fabián Vázquez, presidente da Anpa que instou a alumnos e profesores a manter un nivel permanente de esforzo.

Valora agora
(0 votos)