Imprimir esta páxina
28
Noviembre

I Fashion Dinner do Porriño con Merchy Díaz, Elsa Pereira e Noa Estévez

O Restaurante Manolo acolle este sábado 30 a partir das 22.00 h unha cea con espectáculo e desfile a cargo de Merchy Díaz, Elsa Pereira e Noa Estévez


Dúas reputadas perruqueiras e estilistas xunto a unha deseñadora revelación, todas elas do Porriño e Mos, encherán de cor e glamour o salón de maior capacidade do Restaurante Manolo, nunha cea que reunirá a preto de 400 cubertos.


Trátase de Merchy Díaz, Elsa Pereira e Noa Estévez que, acompañadas dos seus respectivos equipos poñerán sobre a alfombra vermella o último en perruquería e deseño. Pero ademais, durante a noite, os asistentes gozarán dunha animada cea na que, a música e o espectáculo están tamén incluídos entre varios sorteos, que inclúen produtos de barbería ou dúas ceas para dúas persoas.


Coa dirección e presentación de Juan "Lorenzo de Arcade", o show contará coas interpretacións de  Miss Gay Brasil 2005,  Ashilley Ferrero; o  mosense Iker Rodríguez, participante en Pequenos Xigantes; e a porriñesa Noemí, finalista de La Voz Kids e que o próximo 7 de decembro, representará a España na categoría Junior do  European Music  Contest que se celebrará en Roma, de feito presentará en exclusiva a canción coa que competirá.


Sobre a pasarela, modelos da axencia  M&H, exhibiranse en seis pases repartidos entre os seus tres protagonistas.


Por unha banda, Merchy Díaz que, con máis de 30 anos de experiencia en perruquería, ofrecerá unha mostra de multicolor, recollidos de noiva e invitada, fantasías, volumes e cor masculino da man de Salerm e Schwarzkopf.


Elsa Pereira, que forma parte do equipo artístico IDE Artists L' Oréal  Professionnel e é formadora en Galicia, achegaranos as últimas tendencias en perruquería  La French, aplicada á rúa; así como estilos  Fade en cores, tons pasteis, looks dinámicos e xuvenís, da man de L'Oreal.


Por parte da deseñadora Noa Estévez -que conta con 22 anos de experiencia a pesar da súa mocidade- as modelos portarán traxes únicos de festa e noiva para unha muller sofisticada e feminina, en cuxos tecidos poderemos atopar  creps, encaixes,  tules e transparencias en creacións  orixinais e irrepetibles, elaboradas artesanalmente no seu taller de costura.


Desde o inicio do evento, haberá un  Photocall "Fai a túa mellor foto e  etiquétanos!" no que todos os participantes poderán optar a dous premios, para o que máis likes teña.

Valora agora
(1 Vote)