Os escolares, acompañados de profesores e titores, realizaron a tradicional Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade que partiu e rematou na praza do Concello despois dun percorrido polas rúas da vila. Ao remate tivo lugar a lectura dun manifesto a cargo do grupo de Autoxestores de Aceesca.
O deportista Simón Gónzalez Salgado, que fora campeón mundial de kickboxing na modalidade de Full Contact en trece ocasións e que desde 2014 está en cadeira de rodas a causa dun accidente doméstico, dirixuse aos presentes pedindo que siga a toma de conciencia coa discapacidade funcional e que a sociedade traballe en aras da plena integración.
Realizouse un concurso de paraugas customizados polos nenos e nenas dos diferentes colexios do municipio, actividade enmarcada dentro da campaña #BaixooMesmoParaugas. Un xurado formado elexiu aos tres mellores resultando gañador o confeccionado polo Colexio Hermanos Quiroga, seguido do paraugas do CEIP Cruz Budiño e o de Mosende.
Por último realizouse, por dúas veces, un FlashMob no que participaron todos os presentes.