Imprimir esta páxina
05
Diciembre

Falece un traballador cando cambiaba a roda dun camión no Porriño

Unha persoa perdeu a vida esta tarde despois de sufrir un accidente cando traballaba nunha empresa situada no Polígono Industrial de As Gándaras, no Porriño.

O suceso produciuse ás 16:45 horas cando o operario cambiaba as rodas dun camión e o sistema de suspensión venceu e quedou atrapado entre a transmisión e o chases, según apuntan as primeiras informacións.

 

Foi o persoal da mesma empresa quen chamou de inmediato ao 112 Galicia para solicitar axuda urxente por un traballador atrapado.

 

Axiña, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia poñía os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios e dos Bombeiros do Baixo Miño que, finalmente, tras liberar ao traballador atrapa, confirmaron o falecemento da persoa, polo que nada se puido facer por salvarlle a vida.

 

Ademais, dos servizos de emerxencias o 112 Galicia informaba do suceso aos axentes da Garda Civil e Policía Local, ademais dos voluntarios de Protección Civil.

Valora agora
(1 Vote)