O número de alumnos inscritos supera os douscentos e por iso se habilitaron os dous pavillóns a fin de de garantir o cumprimento dos protocolos de seguridade e prevención fronte á Covid-19.
No Pavillón 1 realizarán as probas da ABAU os alumnos dos IES do Porriño, Ribeira do Louro e Pino Manso. E no Pavillón 2 farán os seus exames os alumnos do IES de Mos e dos colexios Lar e Los Sauces.
Os pupitres e cadeiras que están a instalarse como vemos nas imaxes son trasladados dende o IES Pino Manso. Tanto o material a empregar para a realización dos exames coma os espazos a ocupar, serán obxeto dun protocolo diario de desinfección e limpeza.
Tamén a Policía Local do Porriño colaborará a diario establecendo un perímetro de seguridade nos accesos ao Polideportivo Municipal, habilitando un circuito de entrada e saída para os vehículos que trasladen e recollan aos alumnos.