Desde o BNG do Porriño quixeron agradecer "o apoio da veciñanza que fixo posible este resultado", do mesmo xeito que agradeceron "todo traballo realizado pola militancia e simpatizantes da organización".
"Quedan por diante 4 anos nos que o BNG continuará traballando con humildade, fortaleza e ilusión -tanto a nivel nacional como desde a organización local- para seguir crecendo e conseguir que Galiza poida ter unha muller presidenta e un goberno coas mans libres para defender os intereses de todas as galegas e galegos", concluíron dende o BNG.